Saltar ao contido

Wind (satélite)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wind
Representación de Wind
TipoCientífico
FabricanteLockheed Martin Astro
OrganizaciónNASA
Destino actualEn órbita terrestre.[1]
Data de lanzamento1 de novembro de 1994, 9:31 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorDelta 7925[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla LC-17B[3][6]
Obxectivo da misiónEstudo da magnetosfera terrestre e a súa interacción co Sol.[3][6]
NSSDC ID1994-071A
Masa1250,0 kg[3]
DimensiónsCilindro de 2,8 m de diámetro e 1,25 m de altura.[3]

Wind ou WIND é un satélite artificial da NASA lanzado o 1 de novembro de 1994 mediante un foguete Delta 7925 desde o Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral para estudar a magnetosfera terrestre e a súa interacción co Sol.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

Wind foi unha das catro naves do programa GGS (Global Geospace Science), á súa vez parte das seis naves do programa ISTP (International Solar Terrestrial Physics) dirixido ó estudo da interacción entre a Terra e o Sol. O resto de naves eran Geotail, POLAR (xemelga de Wind), SOHO e Cluster.[3][5][6]

A misión de Wind foi estudar o vento solar, os campos magnéticos e as partículas arredor da Terra. Wind ten forma de cilindro de 2,8 m de diámetro e 1,25 m de altura con células solares recubrindo a superficie. A nave ten unha masa de 1250 kg e estabilízase mediante xiro a 20 r.p.m. Dispón de antenas de cable, mastros inerciais soportes para instrumentos no plano de xiro.[3][5][6]

Durante os primeiros nove meses a nave foi posta nunha órbita de dobre sobrevoo lunar cerca do plano da eclíptica, cun apoxeo de entre 80 e 250 radios terrestres e un perixeo de entre 5 e 10 radios terrestres. Nesta órbita o apoxeo producíase sobre o hemisferio diúrno da Terra, facilitando as observacións magnetosféricas. Despois Wind foi inserida nunha órbita de halo arredor do punto L1 do sistema Terra-Sol, onde as medicións do vento solar, das partículas e do campo magnético podían facerse de maneira continua.[3][5][6]

Instrumentos

[editar | editar a fonte]

Wind levaba os seguintes instrumentos a bordo:[3][5][6]

  • EPACT (Energetic Particle Acceleration, Composition and Transport): deseñado para estudar os procesos de aceleración e transporte de partículas nas fulguracións solares, o medio interplanetario, as magnetosferas planetarias e os raios cósmicos galácticos.
  • Magnetic Field Investigation (MFI): magnetómetros para investigar as estruturas a grande escala e as flutuacións características do campo magnético interplanetario.
  • Radio and Plasma Wave Experiment (WAVES): usado para medir a intensidade e dirección das ondas de radio e plasma orixinadas polo vento solar nas proximidades da Terra.
  • Solar Wind Ion Composition Spectrometer (SWICS) / Suprathermal Ion Composition Spectrometer (STICS): instrumento deseñado para medir con detalle a composición do vento solar.
  • Solar Wind Experiment (SWE): espectrómetro de electróns de seis eixos para medir a velocidade tridimensional de ións e electróns.
  • Transient Gamma Ray and EUV Spectrometer (TGRS): feito para observar a alta resolución os raios gamma transitorios.
  • 3-D plasma and energetic particle analyzer (3DP): medía a distribución tridimensional do plasma e dos ións e electróns enerxéticos con alta resolución angular, temporal e enerxética.
  • Detectores de raios gamma KONUS.
  1. 1 2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "WIND" (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2018.
  2. 1 2 "Note verbale dated 18 July 1995 from the Alternate Permanent Representative of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (95-56290T). 27 de xullo de 1995: 4. Consultado o 1 de abril de 2018.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 NASA (27 de abril de 2016). "Wind" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2020. Consultado o 1 de abril de 2018.
  4. Claude Lafleur (2010). "WIND" (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2018.
  5. 1 2 3 4 5 6 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Wind" (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2018.
  6. 1 2 3 4 5 6 7 Mark Wade (2011). "Wind" (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2018.