Neotrópico

Neotrópico, Rexión Neotropical e Ecozona Neotropical son termos utilizados en bioxeografía e ecoloxía para identificar a rexión tropical do continente americano, unha das oito ecozonas terrestres que dividen a superficie da Terra.
Vacilacións nos termos
[editar | editar a fonte]Estes termos aplícanse en diferentes contextos con delimitacións lixeiramente diferentes.[1]
Algúns autores defíneno como unha rexión bioxeográfica,[2] e outros como unha ecozona terrestre que inclúe case toda a América do Sur, Centroamérica, as Antillas, unha parte de México (as terras baixas mexicanas) e unha parte dos Estados Unidos (Florida).[3]
Ten fauna e flora diferentes das da rexión Neártica pola diferente evolución do continente norteamericano.
Algúns autores utilizan o termo como un sinónimo para América do Sur pois abarca practicamente todo o continente desde a costa do mar Caribe até a illa da Terra do Fogo, no sur. Porén, no extremo sur do continente a zona andino-patagoa (que inclúe os chamados bosques Subantárticos) corresponde á ecozona Antártica (Nova Zelandia, Australia e a Antártida propiamente dita), mentres que outros separan a rexión andina, que abarcaría todos os ecosistemas de alta montaña dos Andes e a Patagonia.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ M. Zunino & A. Zullini (2003); Biogeografía, 2.ª Edición. Fondo de Cultura Económica, México.
- 1 2 Morrone, J. J. (1999): "Presentación preliminar de un nuevo esquema biogeográfico de América del Sur". Biogeographica 75 (1): 1-16.
- ↑ Dinerstein, Eric; David Olson; Douglas J. Graham et al. (1995); "A Conservation Assessment of the Terrestrial Ecoregions of Latin America and the Caribbean". World Bank, Washington DC.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cox, C. Barry & Peter D. Moore (1985): Biogeography: An Ecological and Evolutionary Approach. 4ª ed. Oxford: Blackwell Scientific Publications. ISBN 0-4706-3794-3.
- Schultz, J. (2005): The Ecozones of the World. 2ª ed. Berlin/Heidelberg/New York: Springer. ISBN 3-540-20014-2
- Udvardy, Miklos (1975): A classification of the biogeographical provinces of the world. IUCN Occasional Paper no. 18. Morges, Switzerland: IUCN.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Origen de la fauna de Suramérica Arquivado 19 de xuño de 2015 en Wayback Machine. (en castelán)
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |