Russian Aircraft Corporation MiG (ruso: Российская самолетостроительная корпорация «МиГ») é unha empresa aeroespacial rusa. A súa sede atópase no distrito de Begovoy de Moscova.[1]
Os avións MiG son un elemento básico das forzas aéreas soviética e rusa, e a Unión Soviética vendeu moitos deses aparellos dentro da súa esfera de influencia. Foron usados polos exércitos de Corea do Norte, Vietnam do Norte, India e tamén en confrontacións aéreas con forzas estadounidenses e aliadas, ademais de formar parte das forzas aéreas de moitas nacións árabes.