Metamorphosis é o sexto álbum da banda estadounidense de metal alternativoPapa Roach, publicado o 24 de marzo de 2009 a través do selo DGC/Interscope. O disco inicialmente ía chamarse Days of War, Nights of Love, que é unha cita da letra do tema "No More Secrets" do anterior disco do grupo, The Paramour Sessions. Posteriormente, dúas cancións do traballo titularíanse "Days of War" e "Nights of Love". Este é o seu primeiro álbum en contar con Tony Palermo na batería, tras a saída de Dave Buckner.